Definición e funcións da procura

O Procurador é un Licenciado en dereito rexistrado no seu respectivo Colexio de Procuradores.

A figura do Procurador atópase regulada na LOPJ (arts. 543 a 546). na LAC (arts. 23 a 34), e polo Estatuto Xeral dos Procuradores dos Tribunais de España. aprobado por RD 1281/2002, do 5 de decembro, onde se define a Procura como unha profesión libre, independente e colexiada que ten como principal misión a representación técnica daqueles cidadáns que sexan parte en calquera clase de procedemento.

«O Procurador é o representante procesual do cidadán»

Que fan os Procuradores?

Informar ao cliente, con carácter previo ao proceso xudicial, do custo aproximado do procedemento, asi como das consecuencias de ser condenado ás costas do mesmo.

Axilizar os procesos xudiciais: seguen os procedementos desde a demanda e ocúpanse de solucionar boa parte dos obstáculos que’ poderían atrasar a sentenza.

Responsabilizarse de todos os trámites: recibe e asina os emprazamentos, citacións, notificacións, etc; asiste a todas as dilixencias e actos necesarios do preito. Todo iso en representación e a favor do seu cliente.

Transmitir ao avogado todas as resolucións xudiciais que firme así como os escritos que presente, e igualmente comunicar ao cliente as resolucións xudiciais máis importantes e os escritos que presente no seu nome.

Pagar os gastos que xere o procedemento, administrando a provisión de fondos, excepto a minuta do avogado e peritos.

A comunicación entre o tribunal e os cidadáns realízase a través do procurador»