Definición e funcións da procura

O Procurador é un Licenciado en dereito rexistrado no seu respectivo Colexio de Procuradores.

A figura do Procurador atópase regulada na LOPJ (arts. 543 a 546). na LAC (arts. 23 a 34), e polo Estatuto Xeral dos Procuradores dos Tribunais de España. aprobado por RD 1281/2002, do 5 de decembro, onde se define a Procura como unha profesión libre, independente e colexiada que ten como principal misión a representación técnica daqueles cidadáns que sexan parte en calquera clase de procedemento.

«O Procurador é o representante procesual do cidadán»

Que fan os Procuradores?

• Informar ao cliente, con carácter previo ao proceso xudicial, do custo aproximado do procedemento, asi como das consecuencias de ser condenado ás costas do mesmo.

• Axilizar os procesos xudiciais: seguen os procedementos desde a demanda e ocúpanse de solucionar boa parte dos obstáculos que’ poderían atrasar a sentenza.

• Responsabilizarse de todos os trámites: recibe e asina os emprazamentos, citacións, notificacións, etc; asiste a todas as dilixencias e actos necesarios do preito. Todo iso en representación e a favor do seu cliente.

• Transmitir ao avogado todas as resolucións xudiciais que firme así como os escritos que presente, e igualmente comunicar ao cliente as resolucións xudiciais máis importantes e os escritos que presente no seu nome.

• Pagar os gastos que xere o procedemento, administrando a provisión de fondos, excepto a minuta do avogado e peritos.

A comunicación entre o tribunal e os cidadáns realízase a través do procurador»

Ilustre Colegio Provincial de Procuradores de Ourense
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.