Historia do Colexio

O Colexio de Procuradores foi fundado en Ourense o 6 de marzo de 1899, e foi nomeado por primeira vez Decano-Presidente D. Constantino López Castro. Desde entón ata o de agora sucedéronse numerosos Procuradores neste cargo sendo de vital importancia para o desenvolvemento do actual Colexio de Procuradores a figura de D. Julio Vázquez Raimundez, e que estivo á fronte da Xunta de Goberno durante máis de vinte anos. Desde o seu cesamento ata decembro do ano 2023 ostentou o cargo do Decano-Presidente do Colexio D. Ricardo Garrido Rodríguez. Na actualidade a Decana-Presidenta é Dª. Ana María López Calvete. Hoxe en día constan colexiados como exercentes no Ilustre Colexio Provincial de Ourense 76 membros, 48 deles adscritos ao Partido Xudicial de Ourense, e os 28 restantes divididos no resto dos Partidos da Provincia: Bande, Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Poboa de Trives, Rivadavia, Verin e Xinzo de Limia.
Exteriores do Colexio Oficial de Procuradores de Ourense
Na actualidade dispón dunha oficina situada no novo Edificio Xudicial, onde se organizan as funcións que a Lei lle atribúe aos Procuradores como colaboradores da Administración de Xustiza (recepción de notificacións e demais resolucións xudiciais, traslado e presentación de documentos, Quenda de Oficio e Xustiza gratuíta….)
Ilustre Colegio Provincial de Procuradores de Ourense
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.